As recomendacións para este tempo son que descansedes e gocedes destas datas festivas.
Unha conta pendente que temos na clase é usar o noso idioma: o galego. Por iso, aquí vos deixo algúns recursos para que os vexades en familia e vos axude a mellorar o uso da nosa lingua.
O primeiro trimestre está chegando a súa recta final e nós continuamos aprendendo!
En Sociais xa traballamos a xeosfera e, agora, tócalle o turno a hidrosfera. Aquí tedes algúns vídeos e xogos que vos poden axudar a comprender mellor este tema.
- A auga na natureza:
- Os estados da materia e o ciclo da auga:
- Os ríos e as súas características:
A auga é un ben fundamental para a vida no planeta, por iso debemos coidalo e evitar que a contaminación da mesma aumente cada día.
Algúns xogos que nos poden axudar a repasar son os seguintes:
Coidar o medio ambiente é unha tarefa de todos. Debemos poñer en práctica o antes posible accións para que o noso planeta poida recuperarse das graves feridas que a humanidade xa lle fixo: quecemento climático, contaminación das augas, destrución de ecosistemas...
Moitos artistas crearon cancións para tratar de concienciar á poboación. Aquí tedes algúns exemplos:
Vivimos nun planeta que está cheo de fenómenos extraordinarios que acontecen en todo momento sen prácticamente darnos conta. Por isto, é preciso que o coñezamos para poder apreciar as marabillas que temos ao noso arredor.
No noso planeta atopamos distintas partes. Aquí podemos observalas a través dun vídeo:
Na Terra atopamos distintas rochas e minerais que os seres humanos utilizamos para diversos fins:
Como xorden os volcáns? Onde atopamos algún en España?
Fai un par de anos, entrou un erupción un volcán na illa canaria de A Palma. Aquí tedes un recordatorio de como se viviu aquel acontecemento extraordinario.
Comezamos un novo curso coa intención de enchelo de momentos e aprendizaxes!
Pouco a pouco comezamos a retomar as distintas áreas. Comezaremos con Ciencias da Natureza traballando a nutrición humana, centrada no coidado e coñecemento do noso corpo.
Aquí tedes algúns vídeos que vos poden servir para repasar:
Aquí tedes algúns xogos interactivos que vos poden axudar a repasar os contidos:
Vamos a comezar a traballar o Proxecto Anual do cole, Conectando culturas. Partindo do mesmo, coñeceremos diferentes lugares do mundo e distintas culturas, tradicións e historias.
Como xa se achega Samaín, vamos a coñecer o lugar que agasallou ao mundo cun dos personaxes protagonistas da época: Drácula! Así que vamos a viaxar ao seu páis de orixe: