jueves, 11 de mayo de 2023

Chegamos a Idade Moderna

 Aquí tedes algúns vídeos que vos poden axudar a comprender e aprender mellor a Idade Moderna:

A IDADE MODERNA- Happy Learning

Aquí tedes unha reprodución de como puido ser a volta de Colón ante os Reis Católicos e as "probas" que presentou ante eles: 
Carlos I de España e V de Alemaña era o neto dos Reis Católicos e foi quen herdou un gran imperio:
Aquí tedes algúns xogos e fichas interactivas que vos poden axudar a repasar a Idade Moderna:



Na clase falamos do Antigo Museo da Tortura de Toledo, no cal se mostran algúns aparellos usados polo Tribunal da Inquisición. Aquí tedes o enlace a súa páxina.

MUSEO DA TORTURA DE TOLEDO

Aquí tedes outra canción que terá un especial protagonismo no que queda de curso... Que xa é moi pouco!!

miércoles, 26 de abril de 2023

Un trimestre medieval

 Comezamos os temas de historia. Este curso vamos a centrarnos, en primeiro lugar, na Idade Media. Aquí tedes algúns vídeos que vos poden axudar a comprender mellor esta época.

A IDADE MEDIA- Happy Learning

 

 
Aquí tedes a canción que será a protagonista do noso Día das Letras Galegas. Escoitadea! Encantaravos!




miércoles, 29 de marzo de 2023

Comezamos o último trimestre!

Comezamos o trimestre traballando sobre a reprodución dos seres vivos. Aquí tedes uns vídeos que vos poden axudar a estudar e comprender este tema:


A estrela de mar é un ser vivo ben curioso que pode reproducirse tanto sexualmente como asexualmente.
Se hai un animal curioso no mundo ese é o ornitorrinco. Queredes saber por que?

Nas linguas estamos traballando o pronome. Aquí tedes, un vídeo que vos pode axudar coa colocación e uso dos pronomes átonos e tónicos.

Deixovos por aquí un xogo ao que tedes que darlle caña á mente para poder superalo... Seredes quen de facelo?

jueves, 9 de marzo de 2023

A TOPE CO CURSO!

 Aquí tedes algúns vídeos que vos poden axudar con tema que estamos traballando en Ciencias Sociais:



En Matemáticas traballaremos os planos e o espazo. Tedes aquí algúns vídeos que vos axudarán a recordar o explicado na clase.
 
Para finalizar este trimestre imos a traballar a entrevista. Non hai mellor forma de facelo que entrevistando.
Teremos a oportunidade de entrevistar a un cantante para nenos que usa a nosa lingua e distintos estilos musicais. Aquí temos algunhas das súas cancións:
Tamén deixo a letra e a música da Muiñeira de Sabaxáns, que cantaremos todos xuntos na Reconquistiña!

Axudádeme a cantare
mociñas da miña aldea.
Axudádeme a cantare 
que estou en terra allea.

Anque estou en terra allea
non vivo con cobardía,
que vivo coa esperanza
de volver á terra miña.

As mozas da miña aldea
eu direi quen elas son-e.
Delgadiñas de cintura
alegres do corazon-e.

Heime casar na montaña
que é terra de moito pan-e.
O forno da miña sogra
Cria silvas polo vran-e

jueves, 23 de febrero de 2023

SEN PRESA PERO SEN PAUSA...

Estamos no ecuador do 2º trimestre e non paramos de traballar e aprender.

Aquí tedes información interesante do tema de Ciencias Naturais:


ANIMAIS EN PERIGO DE EXTINCIÓN- National Geographic


jueves, 19 de enero de 2023

A POLO 2º TRIMESTRE!

Continuamos traballando neste 2º trimestre. 

En Ciencias Sociais traballaremos as augas e os climas da Terra. Aquí tedes algúns vídeos moi interesantes:


A descrición de paisaxes será un dos nosos seguintes obxectivos. Aquí tedes unha guía que vos pode axudar na súa elaboración:

Describe esta paisaxe da película Encanto:


Podedes volver  a ver coa vosa familia a película de Encanto premendo na seguinte pantalla:

miércoles, 21 de diciembre de 2022

RECOMENDACIÓNS DE NADAL

Chegou o Nadal e é tempo de desfrutar e descansar. Aquí tedes algunhas recomendacións para pasar tempo en familia e, á vez, manter a mente activa.

Por unha banda, propóñovos unha serie de películas para que as miredes e as comentedes. Plantexádevos preguntas como: 

Por que se sinte así esta personaxe? 

Por que actuou desa maneira? 

Cres que tivo unha reacción axeitada? Por que?

Que farías ti no seu lugar? 

Todas as películas que vos propoño a partir de agora teñen un transfondo moi profundo, seredes quen de comprendelo??

A película de Encanto terá un especial protagonismo para nós o trimestre que ven! Non vola perdades!


O trimestre que ven vamos a ler o libro de Escarlatina, a cociñeira defunta. Non esquezades pedirllo aos Reis Magos!!
 ESCARLATINA, A COCIÑEIRA DEFUNTA — Librería Abrente
Tamén podedes saír a mercar coa vosa familia, gardar os tickets e calcular aproximadamente canto se gasta nunha comida de Nadal, canto tocaría pagar por persoa se dividírades os gastos, ler e facer receitas, calcular a distancia que recorredes se facedes algunha viaxe...

Non esquezades ler cada día a libreta de Naturais!

DISFRUTADE DAS VACACIÓNS DE NADAL!!