viernes, 9 de septiembre de 2022

COMEZAMOS!

Sen darnos conta aterramos en 5º de Primaria!

Iniciamos un novo curso que agocha moitas sorpresas, aprendizaxes e experiencias. Para facelo botamos man dunha canción que terá un especial protagonismo neste inicio de curso... 😁



CURSO 2022-2023


 

domingo, 22 de mayo de 2022

A Idade Antiga

 En Ciencias Sociais rematamos a Prehistoria para dar comezo á Idade Antiga, época de grandes civilizacións e avances. Aquí tedes algúns vídeos que vos poden axudar a comprender mellor esta época.

Unha saga de cómics moi famosa ambientada na época da conquista romana é "Asterix e Obelix". Aquí tedes algúnhas das súas películas:

domingo, 24 de abril de 2022

Xogos para repasar as mates!

 Estamos traballando as simetrías, traslacións e elaboración e medición de ángulos. Aquí tedes algúns xogos para practicar de xeito divertido!

SIMETRÍAS 1

AVENTURA SIMÉTRICA

MEDIR ÁNGULOS

lunes, 4 de abril de 2022

Comezamos o 3º trimestre traballando un tema moi interesante: a Historia.

De forma máis concreta, vamos a aprender, primeiro, contidos sobre a Prehistoria. Aquí tedes algúns vídeos:




Aquí tedes as páxinas web dalgúns museos de España que poden ensinarnos moitas cousas sobre a Prehistoria:

MUSEO DE ALTAMIRA (Cantabria)

Tamén podedes ver uns capítulos da serie "Érase unha vez o home":

¿Queredes saber máis sobre a Cova de Altamira e a súa importancia? 

Fai un par de anos, o actor español Antonio Banderas protagonizou unha película na que se conta como foi o descubrimento da Cova de Altamira e os problemas que tivo:




¿Queredes xogar e aprender sobre a Prehistoria? Aquí tedes algúns xogos:


viernes, 25 de febrero de 2022

O 2º trimestre voa!!

En Ciencias da Natureza vamos a traballar sobre os ecosistemas e as distintas relacións que se establecen neles. Aquí temos algúns vídeos cos cales podemos aprender de xeito moi visual:


Seguide repasando os ecosistemas con estes xogos interesantes:

   CADEAS ALIMENTARIAS

PREGUNTAS SOBRE AS CADEAS TRÓFICAS 

CONCURSO: Canto sabes dos ecosistemas?

 
Algúns datos de interese xurdidos na clase:
 
Aquí vos deixo o enlace do Faro de Vigo, do proxecto Escola en Camiño, no que estamos colaborando. Podedes ver os traballos de todos os colexios que participan e tamén as nosas aportacións ata o momento. 

Xulia conseguiu que publicaran no periodico físico o seu cómic sobre a orixe do camiño de Santiago!!

martes, 8 de febrero de 2022

As plantas do noso entorno

En Ciencias da Natureza comezamos a traballar os seres vivos, máis concretamente as plantas. A continuación podemos ver algúns vídeos que nos poden ensinar a comprender mellor os distintos aspectos:


Aquí tedes algúns xogos que vos servirán de repaso:



Ademais, despois do "fenómeno Tanxugueiras" estivemos falando dalgunhas cancións en galego que coñecemos. Estas son as que os nenos e nenas de 4º propuxeron: