martes, 14 de abril de 2020

Comezamos o 3º trimestre!

Sen dúbida este é o 3º trimestre co comezo máis peculiar que teremos na nosa vida (¡ou iso esperemos!).
Teremos que poñer todos da nosa parte para poder aproveitar o tempo o máximo que poidamos. Aquí vos fago a proposta de actividades para esta semana:
- Matemáticas: quero que repasedes o cálculo, que é básico e, as veces, aínda vos equivocades. Propóñovos que fagades as seguintes operacións. A semana que ven porei os resultados e vos mesmos debedes comparalos e correxilos. Se algo non vos sae escribídeme ao meu correo.
   23.598 + 9.453=                                          23,5 + 3,45 + 14=
   80.000 - 3.240=                                           345,34 + 98,9=
   56.354 x 9=                                                 45,9 - 9,53=
   9.357 x 37=                                                 400- 9,5=
   23.580 : 5=                                                  234 x 4,6=

- Lingua galega: lede con atención o seguinte texto e respondede as preguntas de comprensión lectora sobre o mesmo. Poñede nun folio o título e ide copiando e respondendo as preguntas:
              Cuestións: 1.Fai un pequeno resumo do texto
                                2. ¿Como se chama o protagonista da historia?
                                3. ¿Que lle di a súa nai do can?
                                4. ¿Onde lle fan a casa ao can?
                                5. ¿Que pasou ao final?
                                6. Escribe o significado das palabras: rañar, pazo e xeitosa. 
                                 (se non sabes algún búscao no diccionario- pode ser online).

-Lengua castellana: vamos a repasar algunos de los contenidos que ya hemos dado. En este caso son ejercicios del final del libro del 2º trimestre:
                                           Pág.132 ejer. 1-2-3
                                           Pág 133 ejer. 7-9  
Repartide o traballo ao longo da semana e facede un pouquiño cada mañán (por exemplo,cada día podedes facer 2 contas, un exercizo de lengua castelá e ler o texto e contestar a un par de preguntas de galego). Cando teñades o de Lengua Castellana e Lingua Galega podedes enviarme unha foto ao correo e o reenvío corrixido. Antes de enviar, acordádevos de repasar todo o que escribides. 

O escritor Óscar María Barreño ofrece as súas obras de maneira gratuita para que podades disfrutar delas. Picade no seguinte enlace e descubrídeas!
LECTURAS
Tamén tedes un cómic que ofrece o Instituto de Investigacións Mariñas. É moi interesante!
Seguen chegándome fotos de manualidades e outras actividades que estades levando a cabo nas vosas casas.
Tiziano fixo os seus propios ninjas reciclables.
Tiziano fixo esta maqueta de lego do Titanic tan chula!
Moito ánimo para todos! Espero que nos volvamos a ver o antes posible.
Por certo, supoño que xa vos pasastes pola páxina web do cole, pero se non o fixestes, vos deixo o vídeo que elaboramos todos os profes para vós con moito agarimo.

viernes, 3 de abril de 2020

Correccións

Fago esta pequena entrada para deixar as solucións a algúns exercizos propostos anteriormente, para que vos mesmos as corrixades e, se tedes calquera tipo de dúbida, por pequena que sexa, me escribades ao correo noeliaperezalonso@edu.xunta.es

Por unha banda, temos un exercizo pendente de Ciencias Sociais. Ese é o seguinte:
"Unha vila rematou o 2018 con 3985 habitantes. Durante o 2019 ocorreu o seguinte: a natalidade foi de 459; a mortalidade de 395; inmigraron 199; emigraron 203. ¿Con cantas persoas comezou ese pobo o ano 2020? ¿Tivo un crecemento positivo ou negativo?
DATOS                                         OPERACIÓNS
Natalidade: 459 +                  A poboación crece coa natalidade e a inmigración:
Mortalidade: 395 -                   459+199= 658
Inmigración: 199 +               A poboación decrece coa mortalidade e a emigración:
Emigración: 203 -                   395+203= 598
                                              3985+658= 4.643 -> 4643-598= 4.045

RESULTADO: O pobo comezou o 2020 con 4.045 habitantes.
                        Tivo un crecemento positivo, xa que aumentou os habitantes.

Tamén temos a ficha de repaso de Matemáticas. Aquí tedes as solucións e, repito, ante a mínima dúbida, escribídeme ao correo.

          



domingo, 29 de marzo de 2020

Traballo do 30 de marzo ao 3 de abril

Esta semana vamos a seguir repasando o dado ata agora. Aínda que non o pareza, estaríamos rematando o 2º trimestre, polo que o traballo desta semana será un repaso.
- Matemáticas: vamos a facer a seguinte ficha sobre os litros e gramos. Sería como a "ficha de repaso" que facemos sempre antes do exame, así que intentade facela sen mirar a ver se vos sae. Copiádea na libreta e resolvédea.
Esta ficha a colgarei cos resultados a semana que ven. Debedes comparalos, correxilos e ver se o entendedes. No caso de que non entendades algo escribídemo ao correo electrónico e tratarei de facervos unha explicación máis exhaustiva.

- Lengua Castellana: voy a proponeros 5 textos de comprensión lectora (uno para cada día de la semana). Tenéis que trabajarlo igual que lo hacemos en clase:
 1º Leemos con atención el texto un par de veces.
 2º  Leemos las preguntas que nos hacen.
 3º Contestamos las preguntas.
 4º Comprobamos nuestras respuestas. Se corrigen automáticamente, por lo que tenemos que fijarnos que, aunque nos ponga que alguna palabra está mal, si el sentido de lo que escribís es el mismo podéis darla por buena).
 Los textos son los siguientes:
           Lunes: EL RATÓN DEL GRANERO
           Martes: DOS AMIGOS
           Miércoles: EL CABALLO DE TROYA
           Jueves: EL COMPRADOR DE GRATITUD
           Viernes: LA UNIÓN HACE LA FUERZA
Además, podemos repasar aspectos de ortografía a través del siguiente juego:

- Lingua Galega: deixovos enlaces que vos servirán para poñer ao día o voso galego:
XOGOS VARIADOS (Só se pode xogar ao desbloquear o Adobe Flash)

Ademáis, aínda que non o pareza, o 28 de marzo conmemórase a Reconquista de Vigo. Este ano a celebración tivo que aprazarse, pero aquí vos deixo un conto moi sinxelo dos Bolechas para que o escoitedes e aprendades un pouco máis sobre este momento histórico que afectou a nosa cidade. 
Tamén un pequeno documental contado por Carolo, unha persoaxe fundamental da Reconquista.


Recordade que si queredes enviarme algunha foto de algo que estedes facendo durante este tempo na vosa casa estarei encantada de publicalo no blog para que todos os vosos compañeiros o vexan.
Ánimo rapaces! Xa queda menos!



Cando pase todo isto

Aquí tedes as vosas redaccións de galego. Ánimo a todos! Cada día queda menos para que nos volvamos ver!

miércoles, 25 de marzo de 2020

Traballo para o 26 e 27 de marzo


Seguimos coa cuarentena, pero sempre pensando que cada vez queda menos para poder volver á normalidade.
A continuación propóñovos algúns exercizos para o que queda de semana. Moito ánimo!
- Matemáticas: rematamos os exercizos propostos no libro. Desta vez realizaremos os seguintes:
Páx. 125 ex. 10-11-12-13-14-15
- Lingua galega: para levar a cabo a seguinte proposta, o 1º que tedes que facer e mirar o vídeo que vos poño a continuación. Mirádeo todas as veces que sexa preciso, xa que vos dará ánimos e ideas.
Despois, nunha folla en branco, escribiredes de título: "Cando pase todo isto" e debedes redactar un pequeno texto (de como mínimo 10 liñas) no cal expliquedes todo aquilo que vos apetece moito facer cando acabe este periodo tan raro, como credes que cambiará a vosa forma de ver o mundo, se valoraredes as cousas da vosa vida doutra maneira, que aspectos positivos podemos sacar deste tempo... Todo o que queirades expresar! 
Na parte de abaixo da folla facede un debuxo sobre o que escribistes. 
Porei no blog aqueles traballos que me enviedes (recordade sacar a foto coa mellor calidade posible e escribir de forma clara, tendo en conta os aspectos ortográficos e de estrutura- puntos, comas, parágrafos).

- Sociais: Vou a propoñer a realización doutro problema similar ao que xa fixemos. Copiádeo na libreta e facédeo ahí:
 "Unha vila rematou o 2018 con 3985 habitantes. Durante o 2019 ocorreu o seguinte: a  natalidade foi de 459; a mortalidade de 395; inmigraron 199; emigraron 203. ¿Con cantas persoas comezou ese pobo o ano 2020? ¿Tivo un crecemento positivo ou negativo?"

Así mesmo, deixo solucionado e explicado o problema que vos propuxen o luns. Se tedes algunha dúbida poñédemo nos comentarios ou escribídeme ao correo.
 "Nun pequeno pobo, o 2018 rematou con 2340 habitantes. Durante o 2019 ocorreu o seguinte: a  natalidade foi de 352; a mortalidade de 315; inmigraron 209; emigraron 372. ¿Con cantas persoas comezou ese pobo o ano 2020? ¿Tivo un crecemento positivo ou negativo?
  DATOS                                     Operacións
Natalidade: 352 +            A poboación crece coa natalidade e a inmigración:
Mortalidade: 315 -                         352+ 209= 561
Inmigrantes: 209 +         A poboación decrece coa mortalidade e a emigración:
Emigrantes: 372 -                           315+372= 687
                                         Para saber a poboación ao comezo do 2020:
                                            2340+ 561= 2901 -> 2901-687= 2214

 Resultado: O 2020 comezou nese pobo con 2.214 habitantes. 
                   O crecemento foi negativo porque a poboación diminuíu.

- Plástica: recordade que na entrada anterior tedes ideas para facer distintas manualidades e que podedes enviarmas ao correo para que todos as miren. ¿Animádesvos?
Blanca fixo estes debuxos en témpera, preciosos!
Debuxo de Xosé sobre o seu equipo
Sara animouse a facer este can lapiceiro ¡está chulísimo!
Iria animouse a facer uns Minions. ¡Quedaron xenial!
Raúl fixo unha caixa con pauciños e un ordenador con caixas.
Debuxou ata o teclado!
Nerea fixo unha morea de manualidades!
Chulísimas!
Tiziano fixo o seu propio marcapáxinas, chulísimo!
                                               
Ademáis de manualidades, hai algúns nenos/as que aproveitan para facer algunha actividade física.
Nerea ten a sorte de estar en plena natureza! Así que axuda coa leña.
Se estades facendo algunha actividade especial estes días para entretervos e queredes enviar algunha foto para que a poña no blog podedes facelo 😊
Moito ánimo! Cada vez queda menos para poder volver á normalidade!

domingo, 22 de marzo de 2020

Traballo do 23 ao 25 de marzo.

De novo vamos a tratar de organizar esta semana para poder traballar un pouquiño cada día.
- Matemáticas: continuamos co tema dos litros e gramos. Recordade que todo o que tratamos é igual ca o tema anterior, o dos metros. Polo tanto, para estes días propóñovos os seguintes exercizos:
Páx.121 ex.6 e 7
Páx.122 ex. 1,2 e 3
Páx. 124 ex. 2,3,4
Páx. 125 ex.8 e 9

- Lengua: la semana pasada os mandé hacer una carta formal, pues ahora toca el turno a la carta informal. Recordad que debe contener todas las partes de la carta que hemos estudiado y, como mínimo, el cuerpo debe ser de 10 líneas. Escoged vosotros a quien le queréis escribir (un amigo/a que vive lejos, un familiar...) y contadle como os va la vida, que queréis hacer cuando os veais, etc.
De nuevo, escribidlo en una hoja, sacadle una foto y enviádmelo al correo noeliaperezalonso@edu.xunta.es y os lo reenviaré corregido.
Los que aún no me habéis enviado la carta formal hacedlo lo ANTES POSIBLE! Recordad que a la vuelta haremos el examen lectoescritor y va a caer una carta

- Sociais: a continuación propóñovos uns xogos nos cales repasamos algúns conceptos que traballamos no tema.
Así mesmo, quero que copiedes e elaboredes na libreta o seguinte problema (fixemos xa un así na clase):
 "Nun pequeno pobo, o 2018 rematou con 2340 habitantes. Durante o 2019 ocorreu o seguinte: a  natalidade foi de 352; a mortalidade de 315; inmigraron 209; emigraron 372. ¿Con cantas persoas comezou ese pobo o ano 2020? ¿Tivo un crecemento positivo ou negativo?

- Plástica: aquí vos deixo un enlace a diversas propostas de manualidades. Se vos apetece facer algunha non dubidedes en enviarme unha foto e a subirei ao blogue para que a poidan ver todos os vosos compañeiros.

Espero poder volver a vervos o antes posible!!

miércoles, 18 de marzo de 2020

Suxerencias para entreternos :)

Aínda que non o pareza, do 19 ao 22 de marzo estaríamos nunha ponte. Así que vou a facervos algúnhas propostas para que poidades disfrutar un pouco destes días tan raros.
Primeiro, vou a proporvos algunhas películas que podedes ver:
- Wall E: trata dun robot que vive nunha terra deshabitada... Esta película fala da amizade e, sobre todo, das consecuencias que pode ter a contaminación na Terra.
- Up: se aínda non mirastes esta película... non perdades máis tempo!
- Rompe Ralph: se vos gustan os videoxogos, esta película está repleta de referencias a un montón deles. De feito, ten unha segunda parte que saiu fai moi pouco.
- Tu mejor amigo: se vos gustan as películas de animais, en concreto de cans... Non podedes perdervos esta! De feito saíu tamén a 2º parte por se esta vos gusta.
Ademáis, podedes ter en conta outras como Del revés, Ratatuille, Pocahontas, Bolt ... (se queredes ver os trailers so tedes que pulsar sobre cada palabra).

Tamén vos propoño algúns xogos interactivos para que pasedes un bo rato:

Espero que esta entrada vos axude a pasar un bo rato. 😀