lunes, 16 de marzo de 2020

Traballo do 16 ao 18 de marzo

Bos días a todos/as!
Vou a escribir de forma organizada o traballo que debedes levar a cabo esta primeira semana de "encerro".
Moitos tedes os distintos libros e libretas con vós, os que non, non vos preocupedes que vou a poñer todo o necesario por aquí. Facédeo na libreta correspondente e, se non tedes libreta, utilizade folios ou follas soltas, que despois poderemos pegar na libreta ou gardalas no arquivador.
Recordade que calquera dúbida podedes consultarma a través dos comentarios deste blog (sede ordenados, claros e redactade o mellor posible para que eu vós poida entender).

LUNS- 16 de marzo
-Matemáticas: os que non o tedes (é dicir, os que o venres xa non viñestes a clase), copiade as "escaleiras" dos gramos e litros no voso caderno. Recordade que é todo igualiño ao que facíamos cos metros!
A continuación, facede os seguintes exercizos do libro: Páx. 118 ex. 1
                                                                                         Páx. 119 ex. 7 e 8
                                                                                         Páx. 120 ex 1, 2 e 3

- Lengua Castellana: ya sabeis que en Lengua Castellana y Gallega damos exactamente lo mismo, por lo que los ejercicios que hagamos nos valdrán para ambas. Vamos a realizar el siguiente ejercicio que debeis copiar en la libreta. Recordad que habeis hecho muchos como este, por lo que si tenéis dudas revisad el recuadro de los determinantes, adjetivos y nombres.
                           · Analiza morfológicamente las siguientes frases:
                                  - Una semana aburrida.
                                  - Aquellos extraños días.
                                  - Sus bonitas palabras. 
                                  - El cuarto día aburrido.
Además, en la libreta de lengua castellana debeis tener lo que hemos dado hasta ahora sobre la carta y sus partes (también lo teneis en la pág.112 del libro).
Pues esta semana me gustaría que escribierais una CARTA FORMAL. Debe contener todas las partes de la carta que hemos estudiado y los saludos y despedidas acordes. Recordad que cuando escribimos una carta formal tratamos de "usted" al receptor. Os propongo las siguientes opciones:
        · Al alcalde de Vigo haciéndole propuestas para mejorar la ciudad.
        · A la directora del colegio, con propuestas para mejorar el colegio.
        · Al presidente del gobierno, con propuestas para mejorar la actual situación con el coronavirus. 
Escribid la carta con buena letra en un folio en blanco. Sacadle una foto y enviádmela al correo noeliaperezalonso@edu.xunta.es . Os la devolveré corregida lo antes posible. 

- Ciencias Sociais: lede o tema 4 dende o principio. Tamén podedes volver a ver os vídeos que puxen na entrada anterior. Despois, mirade este vídeo:
Durante os seguintes días tratade de completar esta enquisa. Podedes facela a man ou imprimila (cando volvamos a clase entregareivos unha impresa e poderedes completala cos datos obtidos).

Este é o traballo que vos encomendo para estes tres días. Non fagades todo xunto. Repartídeo ao longo dos días. 
Aproveitade para LER polo menos 20 minutos cada día. A lectura axuda a desenvolver a imaxinación, a ampliar vocabulario e a mellorar a ortografía. Podedes escribirme nos comentarios que libros estades lendo!

O luns 23 de marzo teredes novas indicacións para seguir traballando. 

domingo, 15 de marzo de 2020

É hora de "teleaprender"!

Ante esta nova situación vémonos na obriga de poñer todos da nosa parte para que este tempo poidamos aproveitalo o mellor posible.
Durante este periodo no cal non poderemos ter clases normales é conveniente que non deixemos de lado todo o académico, xa que non estamos de vacacións! Por iso, a través do blog, podemos tratar de dedicarlle, polo menos, unha hora diaria a repasar o que demos.
Irei poñendo vídeos e pequenas actividades dos distintos temas. Podedes velos tantas veces como queirades.
Proporei exercizos de todas as áreas e pequenos traballos que, á volta, correxiremos e recollerei. Recordade que sempre contarán positivamente para as notas!!
Moito ánimo e aproveitade ao máximo esta "cuarentena"!
Recordade a importancia de lavar moito e moi ben as máns!

jueves, 12 de marzo de 2020

Traballamos a poboación en Ciencias Sociais

En Ciencias Sociais estamos traballando a poboación e os factores que o afectan. Aquí temos algún vídeo-resumo e xogos que nos servirán de repaso:


domingo, 1 de marzo de 2020

Os sentidos

Pasando xa o ecuador do 2º trimestre, continuamos en Ciencias da Natureza con máis contidos relacionados co corpo. Neste caso concreto, repasamos os órganos dos sentidos e o aparato locomotor.
Mirade estes vídeos tantas veces como desexedes!! Axudaranvos a estudar os contidos deste tema!

Nunha das rondas de preguntas sobre este tema, xurdiu a cuestión de cal era a utilidade da "campanilla". Aquí tedes a resposta:

domingo, 23 de febrero de 2020

Entroido 2020

Estamos a piques de rematar o mes de febreiro e o facemos da mellor maneira poible: celebrando o Entroido!!
Como xa adiantamos na anterior entrada,  a clase de 4º escollemos a profesión de doutores. Traballamos en torno a ela, aprendemos cousas sobre os distintos órganos do noso corpo, redecoramos a nosa porta da clase, novo vocabulario... e todo rematou con esta gran festa.
Aquí tedes algunhas das fotos do Entroido!!
Foto grupal
Foto grupal coas profes Noelia e Bea
Disfrutando de doces típicos do Entroido 
Disfrutando de doces típicos do Entroido 
Disfrutando de doces típicos do Entroido 


Non esquezades visitár a PÁXINA WEB do cole!

domingo, 2 de febrero de 2020

Febreiro será... o mes dos doutores!!!

Este mes de febreiro será moi especial 😀
Comezamos os temas de Ciencias da Natureza do trimestre e vamos a aprender como funciona o noso corpo. Isto, aproveitando o tema do proxecto anual do cole ("As profesións") e que o Entroido está moi preto, deunos a idea de que o noso disfraz deste ano será de doutores. Pero non so nos quedaremos en diseñar o noso propio disfraz, se non que vamos a facer da clase de 4º unha verdadeira clínica chea de especialistas... Xa o veredes!!
Aquí temos algúns vídeos que nos poden axudar a entender como funciona o noso corpo:

Algúns xogos para repasar as partes do corpo humano son os seguintes:



QUEN QUERE SER MILLONARIO?
En clase falamos da procedencia das gominolas que tanto nos gustan... Aquí temos un vídeo do seu proceso de elaboración. 
O comezo do mes de febreiro e remate de xaneiro estivo marcado pola celebración do Día da Paz. Tivemos unha deliciosa chocolatada, xogamos, cantamos e bailamos. Que máis se pode pedir?
  
Ademáis, enlazándoo co Día da Paz, traballamos O Guernica, unha das máis grandes obras de Pablo Picasso. 

jueves, 16 de enero de 2020

Comezamos o 2º trimestre!!

Retomamos de novo o curso coas pilas cargadas a tope para seguir aprendendo e disfrutando. Temos por diante un 2º trimestre cheo de aventuras!!
En Ciencias Sociais comezamos co tema da atmosfera e o clima. Para comprender mellor o estudado podemos ver os seguintes vídeos:

CAMBIO CLIMÁTICO

Algúns xogos de repaso son os seguintes:




Vamos a comezar a traballar en Plástica a un dos máis grandes pintores españois: Pablo Picasso.
Relacionándoo co Día da Paz, trataremos a súa obra máis representativa: O Guernica.

En Lingua Galega e Castelá estamos tratando o texto instrutivo. Como exemplo práctico do mesmo traballamos a receita. Cada neno/a da clase trouxo a súa e pronto elaboraremos o libro de receitas de 4º. Ademáis, Sara, Xosé e Rafa trouxeron a clase as súas receitas elaboradas: tortitas, leite fritida e dorayakis!
En xaneiro celébrase o día da Paz. No cole estamos preparando algo moi especial e terá como base a seguinte canción:

Quédanos por diante uns meses moi intensos e interesantes. A por eles!!