jueves, 19 de septiembre de 2019

Coñecemos os segredos do noso planeta

Vivimos nun planeta que está cheo de fenómenos extraordinarios que acontecen en todo momento sen prácticamente darnos conta. Por isto, é preciso que o coñezamos para poder apreciar as marabillas que temos ao noso arredor.
No noso planeta atopamos distintas partes. Aquí podemos observalas a través dun vídeo:

Na Terra atopamos distintas rochas e minerais que os seres humanos utilizamos para diversos fins:
A medida que investigamos sobre o noso planeta foron xurdindo na clase algunhas cuestións que son moi interesantes e das que podemos aprender moito. Aquí temos algunhas delas!
  - Como xorden os volcáns? Onde atopamos algún en España?
Sabíades que no 2011 produciuse a última erupción nas Illas Canarias? Concretamente en El Hierro.
 - Como xurdiron os continentes do planeta? Que son as placas tectónicas?
Fixástesvos que na película de Ice Age 4 faise referencia á formación dos planetas? Quizais agora podedes mirala doutra maneira!

Recordades que vos falei do que aconteceu en Pompeya? A erupción do Vesubio pillou por sorpresa aos seus habitantes o que desembocou nunha catástrofe!

Que vos parece se agora repasamos con algúns xogos?






Non deixedes de investigar sobre os segredos que agocha o noso planeta!


O comezo dun novo curso

Iniciamos o curso 2019/2020 con moitas expectativas e ganas de aprender.
Comezamos a pasiños de anano para poder acabar dando pasos de xigante, con repasos e prácticas de cousas que están agochadas na cabeza dende o curso pasado e que teñen que volver a saír a luz.
Un aspecto importante é o repaso das táboas de multiplicar. Aquí temos algúns xogos que nos poden axudar:





O primeiro que vamos a facer na "hora de ler" é reflexionar sobre "a poesía é música" e "a música é poesía". Para iso, comezamos con poemas de Rosalía de Castro musicados en distintos estilos:
· "Castellanos de Castilla" (ou "Malaxente")

· "Adiós ríos, adiós fontes", na voz de Lucía Pérez ou Astarot (versión roqueira)
E continuamos coa coñecida "Canción del pirata" de Espronceda, interpretada por Terra Santa.





jueves, 21 de junio de 2018

Rematou o curso!!

Despois de un curso cheo de aperndizaxes, traballo e momentos inesquecibles chegou o momento de despedirnos, pero non sen antes facer un breve repaso polos últimos acontecementos desta recta final.

Neste trimestre seguimos traballando na nosa pequena horta no colexio. Tivemos a sorte de que o profesor Antón de 5º é un experto en botánica e nos explicou unha morea de información moi interesante. Tamén colaboraron na horta os nenos e nenas de 1º e 2º.

Aquí temos unha das lendas de Romanía que traballamos: " A lenda de Martisor". Este vídeo debía formar parte da revista dixital pero, por problemas técnicos, non foi posible. Así que aquí vos deixo esta preciosa historia.
Tamén tivemos tempo para facer celebracións ao longo do curso. Aquí temos unha das moitas merendolas que disfrutamos.
O 20 de xuño tivemos a saída de fin de curso todo o colexio. Este ano practicamos kayak na Illa de Arousa, ademáis de facer un taller de cunchas e distintos xogos. Todos os nenenos e nenas do colexio, dende educación infantil ata 6º de primaria, portáronse moi ben. Ata os monitores do kayak nos felicitaron!
Tomando a merenda de media mañá
Taller de cunchas
Taller de cunchas
Antes do kayak tocou volver a botar crema solar por todo o corpo
Despois do kayak tocou repoñer enerxía

Despois de moitos ensaios, chegou a nosa gran actuación de final de curso coa canción de "Cuéntame un cuento" de Celtas Cortos, coa cal tratamos de facer un pequeno musical adaptándonos ao noso proxecto anual de centro: Viaxamos polo mundo.
E así remata un curso único, especial e moi útil. Os nenos e nenas aprenderon moito, pero eu, como mestra, tamén o fixen de cada un deles. Disfrutade do verán e seguide sendo así de extraordinarios :)

Profe Noelia

viernes, 18 de mayo de 2018

A Idade Antiga

Cada día está máis preto o final do curso e nós non deixamos de aprender e vivir momentos cheos de experiencias.
En Ciencias Sociais rematamos a Prehistoria para dar comezo á Idade Antiga, época de grandes civilizacións e avances. Aquí tedes algúns vídeos que vos poden axudar a comprender mellor esta época.
Unha saga de cómics moi famosa ambientada na época da conquista romana é "Asterix e Obelix". Aquí tedes algúnhas das súas películas:

Non esquezades pasar pola páxina web do colexio para poder acceder á revista dixital, a cal ten a novidade da realidade aumentada. Aquí tedes un enlace para acceder directamente:

Para a actuación de fin de curso estamos traballando unha canción moi coñecida á que lle daremos o noso toque persoal.

Ánimo para afrontar esta recta final!