domingo, 15 de octubre de 2017

Que o fume non nos tape o sol...

Aínda que a entrada que correspondería neste momento é outra, debido aos acontecementos que ocorreron este fin de semana creo que é preciso que coñezamos o que está pasando.

Este debería ser un fin de semana de outono onde a paisaxe típica que deberíamos atopar debería parecerse a esta:
As cores do outono son o laranxa, o marrón, o verde que se vai apagando... pero nunca xamais debería converterse esta paisaxe tan fermosa nun inferno de lume.
Estas son algunhas das imaxes que espero que non se borren da nosa mente nunca:




O ser humano comete erros unha e outra vez polo que, canto antes aprenda dos mesmos, antes se evitará que volva a caír neles.
Aprendamos a querer a nosa terra, porque é fermosa. Cada fraga, cada piñeiro ou carballo e cada arbusto ou herba fan que vivamos nuns dos lugares máis especiais de mundo. Contribúamos todos xuntos a conservala!


Na clase estivemos falando sobre o tema e sacamos moitas conclusións que non debemos esquecer:




martes, 3 de octubre de 2017

Camiñando por outubro

Chegou o mes de outubro e na clase de 4º seguimos aprendendo. Este é un mes moi especial. O outono xa está aquí, as follas caen e chegan festividades como o Samaín ou o Magosto. Espérannos moitas sorpresas!!
Polo momento comezamos a traballar en Plástica a técnica do puntillismo. Esta require moita paciencia e concentración e un experto foi Seurat, un pintor francés. Estes foron os seus cadros máis famosos utilizando dita técnica:
Tarde de domingo en la isla de la Grande Jatte
Baño en Asnières
Pronto veredes a noso traballo co puntillismo!

Por outra banda, como xa dixemos, estamos tratando de comprender que a música é poesía e a poesía é música. Xa escoitamos algúns poemas de Rosalía de Castro con distintos ritmos e agora tócalle o turno a Espronceda coa súa "Canción del pirata". Algo mellor que un rock para escoitala e aprendela?

En Sociais aprendemos moitas cousas sobre a xeosfera e, agora, tócalle o turno a hidrosfera. Aquí tedes algúns vídeos e xogos que vos poden axudar a comprender mellor este tema.
- A auga na natureza: 

- Os estados da materia e o ciclo da auga:
- Os ríos e as súas características:









Seguiremos informando!


miércoles, 20 de septiembre de 2017

Estudamos o planeta Terra

Vivimos nun planeta que está cheo de fenómenos extraordinarios que acontecen en todo momento sen prácticamente darnos conta. Por isto, é preciso que o coñezamos para poder apreciar as marabillas que temos ao noso arredor.
No noso planeta atopamos distintas partes. Aquí podemos observalas a través dun vídeo:

Na Terra atopamos distintas rochas e minerais que os seres humanos utilizamos para diversos fins:
A medida que investigamos sobre o noso planeta foron xurdindo na clase algunhas cuestións que son moi interesantes e das que podemos aprender moito. Aquí temos algunhas delas!
  - Como xorden os volcáns? Onde atopamos algún en España?
Sabíades que no 2011 produciuse a última erupción nas Illas Canarias? Concretamente en El Hierro.
 - Como xurdiron os continentes do planeta? Que son as placas tectónicas?
Fixástesvos que na película de Ice Age 4 faise referencia á formación dos planetas? Quizais agora podedes mirala doutra maneira!

Recordades que vos falei do que aconteceu en Pompeya? A erupción do Vesubio pillou por sorpresa aos seus habitantes o que desembocou nunha catástrofe!

Que vos parece se agora repasamos con algúns xogos?






Non deixedes de investigar sobre os segredos que agocha o noso planeta!

miércoles, 13 de septiembre de 2017

Empezando o curso con enerxía!

Acabamos de comezar un novo curso no que vamos a compartir miles de experiencias, momentos e coñecementos durante 9 meses.
O primeiro que vamos a facer vai a ser organizar a clase e o tempo que vamos a pasar nela.
Temos o noso horario!
A piques de estrenar o lectómetro!
Tamén chegou a hora de repasar algúns contidos que o longo verán fixo que esquecéramos ou que deixáramos algo agochados nun caixón da nosa mente.
Aquí tedes uns xogos que nos poderán axudar a recordar algúns aspectos matemáticos:





Os poemas son música e a música é poesía, polo que vamos a tratar distintos poemas musicados que nos servirán para aprender de xeito ameno e divertido. 
O primeiro será "Maio longo" de Rosalía de Castro:
Maio longo, maio longo,
todo cuberto de rosas,
para algún
s telas de morte;
para outros telas de vodas.

Maio longo, maio longo,
fuches curto para min:
veu contigo a miña dicha,
volveu contigo a fuxir.
Aquí temos outro poema de Rosalía musicado cuns ritmos totalmente diferentes: "Adiós ríos. adiós fontes".






domingo, 2 de julio de 2017

Así rematamos o curso!!

Rematamos o 1º curso con moitos coñecementos, experiencias e recordos que nos acompañarán ao longo da nosa vida.
O día 21 celebramos a festa de fin de curso no auditorio de Vilagarcía. Onde os nenos de 1º bailamos natación sincronizada e rock and roll... e que somos uns profesionais!!
O último día disfrutámolo todos xuntos indo ao Castriño. Portámonos moi ben!
E por último despedímonos do curso desexándolle a todo o cole un bo verán!
Así chegamos ao final, con sorrisos e felicidade!
Soamente me queda despedirme de todos vos. Este foi un curso moi especial e non vos vou a esquecer nunca. Levades todos un anaquiño do meu corazón. Seguide sendo uns nenos tan bos e especiais!

Profe Noelia


domingo, 4 de junio de 2017

Chegou a recta final!!

Estamos a piques de rematar o 1º curso da Educación Primaria, e todo este tempo estivo cheo de emocións, momentos e coñecementos que marcaron a nosa vida.
Pero aínda non rematou todo! Porque que sexa o último mes de clase, non quere dicir que sexa menos intenso... Ao contrario!!
Neste momento estamos traballando aspectos sobre o Universo e o planeta Terra.
Tamén estamos preparándonos para a nosa actuación de fin de curso. A canción escollida é a de "Oh, que calor!" do Xabarín club... pero permanecede atentos... temos agochada algunha que outra sorpresa!
O día 2 de xuño fixemos unha saída a Campo Lameiro para aprender sobre as persoas prehistóricas.

Seguiremos informando!