martes, 3 de octubre de 2017

Camiñando por outubro

Chegou o mes de outubro e na clase de 4º seguimos aprendendo. Este é un mes moi especial. O outono xa está aquí, as follas caen e chegan festividades como o Samaín ou o Magosto. Espérannos moitas sorpresas!!
Polo momento comezamos a traballar en Plástica a técnica do puntillismo. Esta require moita paciencia e concentración e un experto foi Seurat, un pintor francés. Estes foron os seus cadros máis famosos utilizando dita técnica:
Tarde de domingo en la isla de la Grande Jatte
Baño en Asnières
Pronto veredes a noso traballo co puntillismo!

Por outra banda, como xa dixemos, estamos tratando de comprender que a música é poesía e a poesía é música. Xa escoitamos algúns poemas de Rosalía de Castro con distintos ritmos e agora tócalle o turno a Espronceda coa súa "Canción del pirata". Algo mellor que un rock para escoitala e aprendela?

En Sociais aprendemos moitas cousas sobre a xeosfera e, agora, tócalle o turno a hidrosfera. Aquí tedes algúns vídeos e xogos que vos poden axudar a comprender mellor este tema.
- A auga na natureza: 

- Os estados da materia e o ciclo da auga:
- Os ríos e as súas características:









Seguiremos informando!


miércoles, 20 de septiembre de 2017

Estudamos o planeta Terra

Vivimos nun planeta que está cheo de fenómenos extraordinarios que acontecen en todo momento sen prácticamente darnos conta. Por isto, é preciso que o coñezamos para poder apreciar as marabillas que temos ao noso arredor.
No noso planeta atopamos distintas partes. Aquí podemos observalas a través dun vídeo:

Na Terra atopamos distintas rochas e minerais que os seres humanos utilizamos para diversos fins:
A medida que investigamos sobre o noso planeta foron xurdindo na clase algunhas cuestións que son moi interesantes e das que podemos aprender moito. Aquí temos algunhas delas!
  - Como xorden os volcáns? Onde atopamos algún en España?
Sabíades que no 2011 produciuse a última erupción nas Illas Canarias? Concretamente en El Hierro.
 - Como xurdiron os continentes do planeta? Que son as placas tectónicas?
Fixástesvos que na película de Ice Age 4 faise referencia á formación dos planetas? Quizais agora podedes mirala doutra maneira!

Recordades que vos falei do que aconteceu en Pompeya? A erupción do Vesubio pillou por sorpresa aos seus habitantes o que desembocou nunha catástrofe!

Que vos parece se agora repasamos con algúns xogos?






Non deixedes de investigar sobre os segredos que agocha o noso planeta!

miércoles, 13 de septiembre de 2017

Empezando o curso con enerxía!

Acabamos de comezar un novo curso no que vamos a compartir miles de experiencias, momentos e coñecementos durante 9 meses.
O primeiro que vamos a facer vai a ser organizar a clase e o tempo que vamos a pasar nela.
Temos o noso horario!
A piques de estrenar o lectómetro!
Tamén chegou a hora de repasar algúns contidos que o longo verán fixo que esquecéramos ou que deixáramos algo agochados nun caixón da nosa mente.
Aquí tedes uns xogos que nos poderán axudar a recordar algúns aspectos matemáticos:





Os poemas son música e a música é poesía, polo que vamos a tratar distintos poemas musicados que nos servirán para aprender de xeito ameno e divertido. 
O primeiro será "Maio longo" de Rosalía de Castro:
Maio longo, maio longo,
todo cuberto de rosas,
para algún
s telas de morte;
para outros telas de vodas.

Maio longo, maio longo,
fuches curto para min:
veu contigo a miña dicha,
volveu contigo a fuxir.
Aquí temos outro poema de Rosalía musicado cuns ritmos totalmente diferentes: "Adiós ríos. adiós fontes".






domingo, 2 de julio de 2017

Así rematamos o curso!!

Rematamos o 1º curso con moitos coñecementos, experiencias e recordos que nos acompañarán ao longo da nosa vida.
O día 21 celebramos a festa de fin de curso no auditorio de Vilagarcía. Onde os nenos de 1º bailamos natación sincronizada e rock and roll... e que somos uns profesionais!!
O último día disfrutámolo todos xuntos indo ao Castriño. Portámonos moi ben!
E por último despedímonos do curso desexándolle a todo o cole un bo verán!
Así chegamos ao final, con sorrisos e felicidade!
Soamente me queda despedirme de todos vos. Este foi un curso moi especial e non vos vou a esquecer nunca. Levades todos un anaquiño do meu corazón. Seguide sendo uns nenos tan bos e especiais!

Profe Noelia


domingo, 4 de junio de 2017

Chegou a recta final!!

Estamos a piques de rematar o 1º curso da Educación Primaria, e todo este tempo estivo cheo de emocións, momentos e coñecementos que marcaron a nosa vida.
Pero aínda non rematou todo! Porque que sexa o último mes de clase, non quere dicir que sexa menos intenso... Ao contrario!!
Neste momento estamos traballando aspectos sobre o Universo e o planeta Terra.
Tamén estamos preparándonos para a nosa actuación de fin de curso. A canción escollida é a de "Oh, que calor!" do Xabarín club... pero permanecede atentos... temos agochada algunha que outra sorpresa!
O día 2 de xuño fixemos unha saída a Campo Lameiro para aprender sobre as persoas prehistóricas.

Seguiremos informando!

lunes, 8 de mayo de 2017

Con forza cara o final de curso!

Comezamos o 3º trimestre e con el o empuxón final cara o fin de curso.
Seguimos traballando con forza para seguir aprendendo e non paramos de realizar actividades e vivir novas experiencias.
Unha das moitas vivencias que disfrutamos neste curso, foi a realización do Proxecto =DADE, na que todo o cole analizamos a existencia de micromachismos na escola.
Aquí tedes o resultado final dese proxecto.

Ademáis, estamos traballando distintos contos para tratar a igualdade, a tolerancia e o respecto polas diferenzas.



Estes días estivemos traballando moi duro. Entre outras moitas cousas, fixemos as nosas primeiras representacións gráficas! Para iso traballamos en equipo compartindo experiencias e ideas e utilizamos para elaboralas o noso bosque xeométrico. Aquí están as fotos do proceso.

Estamos aprendendo moito sobre a importancia da reciclaxe. Por iso, utilizando a aprendizaxe cooperativa, elaboramos un mural para que non se nos esqueza onde temos que meter o lixo.

Seguiremos informando!