lunes, 28 de septiembre de 2015

O noso corpo

O curso comezou e nos empezamos a traballar con moitas ganas.
O primeiro que vamos a facer neste curso é aprender algunhas cousas sobre o noso corpo; distintas partes, as articulacións, as diferenzas entre as persoas, os cinco sentidos...

Despois de traballar estes temas na clase, podemos comezar a repasar e aprender a través dalgúns xogos como os seguintes:


XOGAMOS COS SENTIDOS

OS NOSOS CORPOS SON DIFERENTES

Aquí temos uns vídeos moi interesantes que nos falan do noso corpo de forma moi divertida!


Tamén podemos aprender cantando!


domingo, 20 de septiembre de 2015

Benvidos

Os nenos de 1º do CEIP da Torre-Illa acabamos de comezar o curso e temos moitas ganas de aprender cousas novas.
Pero antes é importante que recordemos algúns contidos que xa coñecemos pero que poidemos esquecer ao longo do verán.
Para facelo, podemos repasar moi facilmente e de forma divertida a través dalgúns destes xogos:



Ademáis, nestes primeiros días de clase, acordamos que vamos a aprender cales van a ser as normas máis importantes que debemos cumprir. Primeiro comezamos con estas 3, pero pronto ampliaremos a algunhas máis.
Somos moitos! Temos que falar de un en un e baixiño!
Temos que entrar e saír da clase de forma organizada
Para falar ca profe temos que levantar a man
BO COMEZO DE CURSO!

lunes, 16 de marzo de 2015

O eclipse

O día 20 de marzo poderemos apreciar un eclipse de Sol.
Pero, temos claro o que é un eclipse? Comprendemos como se produce? Como podemos velo de forma segura?
Aquí tedes as respostas!

jueves, 11 de diciembre de 2014

O Nadal de Pablo

O Nadal é unha época do ano moi especial. A xente está máis contenta. Isto débese a que é o momento en que nos xuntamos coa familia, dámonos agasallos uns aos outros, chegan Papá Noel e os Reis Magos... 
Ademáis as rúas decóranse e enchense de luces e cores, escoitanse panxoliñas... 
Tamén decoramos as nosas casas. Cada quen o fai a súa maneira. Uns poñen unha árbore grande, outros unha pequena, poñemos beléns, colgamos guirnaldas... 
Por exemplo, Pablo pintou e montou o seu propio belén de papel e quere que todos o vexamos. 
Este neno é Pablo, moi orgulloso do seu traballo
Ademáis, tamén lle escribiu unha postal aos seus compañeiros. 
Mickey e Pluto pintados por Pablo
Outra cousa boa do Nadal son as vacacións. Ao ter moito tempo podemos facer un pouquiño de todo: repasar o dado durante o curso, xogar, pasear... E tamén podemos aproveitar para ver estas pequenas series que son moi divertidas e interesantes. 
- O soldadiño de chumbo
- Os sete cabritiños

- O sapo e o raposo
- Doraemon 
Capítulos de Doraemon (PREME NA IMAXE)
- Os Bolechas
Capítulos dos Bolechas (PREME NA IMAXE)

E tamén quero recordarvos aos meus alumnos de Catoira que non me olvido de vos, e que aínda que non me vexades todos os días por alí non vos perdo a pista :)
BO NADAL A TODOS!




domingo, 23 de noviembre de 2014

Xogos para ti

Hai moitos xogos que nos poden axudar a aprender e a pasalo ben. Aquí tedes algúns deles.
Primeiro, vamos a practicar algúns que nos que afianzamos os conceptos de dereita e esquerda.
Cal é o seu deporte favorito?
Tamén podemos atopar algúns xogos para traballar as matemáticas de forma divertida:
As matemáticas dos superheroes
Os dados tolos
Tamén podemos traballar as horas.
As horas e media e en punto
E non debemos esquecer os xogos para traballar a lingua.
O número de sílabas
Descubrimos os substantivos