Rematou o 1º trimestre!!! Un tempo no que aprendemos, desfrutamos e vivimos momentos inesquecibles :) Non esquezades visitar a páxina web do cole!!
Agora toca repoñer pilas para coller con forza o resto do curso e o ano 2022.
Como xa sabedes, este curso estamos colaborando co Faro de Vigo no proxecto "Faro da Escola". A partir do mesmo, no 2º trimestre, vamos a realizar un pequeno traballo audiovisual sobre o Camiño de Santiago.
Para levalo a cabo, cada neno e nena da clase deberá preguntarlle a algún familiar ou amigo que fixera o Camiño de Santiago algunhas cuestións como: que camiño fixo, cando, canto tempo tardou, que lugares coñeceu que lle gustaran especialmente, se viviu algunha anécdota que lle gustaría contarnos, se coñeceu a persoas doutros lugares...
Tamén hai un apartado de fotografía, polo que sería moi interesante que, se tedes algunha foto relacionada co Camiño a traiades a clase (pode ser algunha paisaxe, a catedral, algún momento especial... o que se vos ocorra!). Se non podedes imprimila, enviádema co voso nome ao me correo: noeliaperezalonso@edu.xunta.es
Se pola contra, non coñeces a ninguén que o fixera, podes investigar un pouquiño coa familia por que lugares pasa, por que se comezou, se vos gustaría facelo...
A volta, con todo o que saibades concretaremos o traballo que vamos a realizar.
BO NADAL E FELIZ ANINOVO!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario