Comezaremos o mes de maio coa esperanza de que, pouco a pouco, toda esta situación vaia mellorando. Polo menos xa podedes saír a pasear un ratiño! Xa queda menos para volver á normalidade! Recordade que temos que seguir sendo moi responsables para non dar pasos cara atrás!👌
Vamos a seguir repasando as distintas asignaturas:
- Matemáticas: esta vez vou a propoñervos 4 operacións e uns problemas. Escribídeos na vosa libreta e facédeos seguindo os pasos que sempre facemos na clase (datos-operacións-resultado). Coma sempre, para a semana colgarei os resultados:
1- Calcula:
54,6 + 453 + 9,75=
47,3 - 7,95 =
98.343 x 70=
73.034 : 8 =
2- Martín tiene en su hucha 24,5€. Su abuela le da 10€ y su padrino 9,85€. ¿Cuánto dinero tendrá en total?
· Quiere comprarse unos cómics que cuestan 19,25€. ¿Cuánto dinero le quedará después de comprarlos?
3- Una panadería hace cada día 167 barras de pan. ¿Cuántas hará en una semana? ¿Y en un mes (30 días)? ¿Y en un año? (PISTA: piensa en cuántos meses tiene un año...)
4- Marta está de cumpleaños. Como está a favor de una alimentación saludable, quiere hacer bolsitas de frutos secos para llevarle a sus compañeros de clase. Tiene 220 pistachos, 120 cacahuetes, 440 uvas pasas y 160 anacardos. Si en clase son 20 niños y niñas. ¿Cuántos frutos de cada uno llevará cada bolsita?
A continuación vos poño as contas da semana pasada coas súas respectivas solucións. Se tedes algunha dúbida, escribídeme ao correo:
- Lingua Galega: vamos a continuar traballando a comprensión lectora en lingua galega. Coma sempre, lede con moita atención o texto e contestade ás preguntas:
1- Completa:
· Tema do texto:
· Razóns a favor:
· Razóns en contra:
· Conclusións:
2- Que outras razóns a favor se che ocorren? E en contra? Escríbeas ordeadamente.
3- Busca no diccionario as seguintes palabras: século, avogar, vantaxes. Despois, escribe unha oración con cada unha delas.
4- Busca no texto:
· 2 palabras agudas:
· 2 palabras graves:
· 2 palabras esdrúxulas:
· 2 palabras trisílabas:
· 2 palabras polisílabas:
- Lengua Castellana: vamos a por los últimos ejercicios de repaso que haremos del libro de texto:
Pág.134 ejer. 8 (por lo menos 2 adjetivos)-9
Pág.135 ejer. 10-11-12
Xa sabedes, cando teñades as tarefas feitas, enviádemas ao meu correo electrónico e as devolvo corrixidas o antes posible. Recordade que é moi importante revisar antes de enviar! Así podedes localizar as faltas de ortografía e os erros vos mesmos.Se tedes calquera dúbida ou queredes preguntarme algo, estou dispoñible para o que necesitedes! 😉
Visitastes a páxina web do cole? O día 23 de abril celebrouse o Día do Libro e, dende alí ofrecéronse recursos relacionados coa lectura. Tamén, dende a biblioteca do centro, propúsoxe a seguinte actividade voluntaria: que todos aqueles nenos e nenas que queiran (acompañados polas súas familias) poden facer un vídeo cun contacontos (podedes ler un libro que vos guste, usar títeres, disfraces... todo o que se vos ocorra!). Ese vídeo tedes que envialo ao correo electrónico do cole (ceip.sansalvador@edu.xunta.es) e se publicará na páxina web para que todo o mundo poida velo, ¿atrevédesvos? Aquí tedes algún exemplo:
- ¿Sabedes o que é un Escape room? Consiste en superar unha serie de enigmas, adiviñas e averiguar claves para conseguir unha recompensa ou obxectivo. Aquí vos deixo un moi sinxelo, que podedes facer en familia e divertirvos un bo rato. Recordade utilizar lapis e papel para apuntar as pistas!
- Queredes coñecer máis a fondo aspectos sobre o mar? Entrade e aprendede!
Moito ánimo a todos! Xa queda menos!!
mas no
ResponderEliminarLo mismo dije en mi mente yo pero es lo que hay
Eliminar