Este trimestre, os nenos de 1º volvemos a ir a Radio Carcamán a falar do Día das Letras Galegas e do escritor ao que está adicado: Manuel María.
Non dubidedes en volver a escoitar os nosos programas!
Ademais estamos aprendendo moito sobre as plantas. Aquí temos un pequeno vídeo que nos explica algunhas dos aspectos tratados na clase.
Os nenos de 1º vamos a comezar unha pequena investigación sobre as plantas da Illa de Arousa, Que especies hai? Como son? Onde están? Aquí temos un pequeno vídeo dende o que van a partir as nosas investigacións.
As plantas serven para moitas máis cousas das que imaxinamos. Así que decidimos experimentar un pouco na clase.
O día 12 de maio plantamos unhas lentellas en 2 tarros distintos, un de cristal (que sae na foto) e outro de plástico. Ao día seguinte, no tarriño de cristal, xa comezaban a xermolar algunhas lentellas e, o día 18 de maio, cando chegamos da ponte, xa tiñamos as lentellas grandiñas.
Comprobamos como nacían máis rápido as que estaban no tarro de cristal, xa que lles daba máis a luz solar.
Tamén, como as herbiñas orientábanse sempre cara a luz da ventá.
Outro experimento que realizamos, foi a preparación de perfumes. Escollemos tres flores: unha rosa vermella, outra de cores variadas e outra flor distinta. Quitamos os pétalos e os metemos en auga.
Despois deixamos o resultado en repouso uns días e obsevamos como a auga collera a cor e o cheiro das flores... pero non cheiran demasiado ben!
Aquí temos algúns xogos dende os cales podemos seguir repasando contidos sobre as plantas.
Dende o CEIP Torre-Illa, seguiremos informando!!
Me encantan os esperimentos que facedes...♥
ResponderEliminarSodes moi imaxinativos.SEGIDE FACENDO COUSAS COMO ESTA.Pero non bos olvidedes de estudar.
amin tame me gustan
EliminarHola noelia que tal
ResponderEliminarHola noelia
ResponderEliminarQue plantas tan bonitas que as fan eles