jueves, 7 de noviembre de 2019

Comezamos novembro!

O inicio do mes de novembro é intenso e non paramos de aprender. 
En Sociais comezamos traballando sobre a xeosfera e, agora, tócalle o turno a hidrosfera. Aquí tedes algúns vídeos e xogos que vos poden axudar a comprender mellor este tema.
- A auga na natureza: 

- Os estados da materia e o ciclo da auga:
- Os ríos e as súas características:
A auga é un ben fundamental para a vida no planeta, por iso debemos coidalo e evitar que a contaminación da mesma aumente cada día.










Seguiremos informando!

viernes, 1 de noviembre de 2019

Un Samaín de medo!!

Rematamos o mes de outubro por todo o alto celebrando o Samaín. Nos últimos días estivemos facendo os preparativos que culminarían cunha gran celebración.
Primeiro, tendo en conta que este ano o proxecto do cole é sobre os oficios, preparamos unha "porta de medo" axeitada ao mesmo. Alguén coñece unha profesión que dea máis medo que esta?
Tamén, coa axuda das familias, os nenos e nenas de 4º axudamos a encher a sala do medo do cole con cabazas e manualidades terroríficas.

Aproveitamos o día de Samaín para facer unha merenda saudable acorde á data. Utilizamos plátanos e mandarinas terroríficas e desfrutamos dunha merendola todos xuntos.
E, por último, despois do recreo, celebrouse a 1ª edición de GOT TALENT no San Salvador. Estivo moi interesante e se demostrou que o noso cole rebosa talento e imaxinación.
Como 2º clasificado do concurso tivemos da nosa clase a Tiziano, que coas súas dotes de baile conquistou ao xurado. Pronto teremos vídeos das actuacións!!
 
 
Que nos deparará o mes de novembro? Seguro que ven cargado de sorpresas e momentos especiais :)

Seguiremos informando!

jueves, 24 de octubre de 2019

As plantas

En Ciencias da Natureza comezamos a traballar os seres vivos, máis concretamente as plantas. A continuación podemos ver algúns vídeos que nos poden ensinar a comprender mellor os distintos aspectos:

Para traballar as plantas fixemos distintos experimentos.
Por unha banda, plantamos lentellas en 3 botes de iogur, coa diferenza de que un está ao aire libre, outro dentro dunha caixa cun burato e outra nunha caixa completamente pechada. Haberá algunha diferenza entre eles? En breve o saberemos!

Aquí tedes algúns xogos que vos servirán de repaso:



Ademais temos tamén outros xogos cos que repasar algúns contidos de lingua galega e castelá cos que repasar de xeito divertido:


jueves, 10 de octubre de 2019

Comeza un outubro especial

O mes de outubro comezou e chegou cheo de actividades moi interesantes.
Por unha banda, recibimos no colexio aos rapaces e rapazas da Escola de Música de Chapela, que nos amosaron os seus intrumentos e nos fixeron un pequeno concerto no que soaron as melodías de distintas películas moi coñecidas
 Algúns nenos/as tamén tiveron a sorte de poder probar os instrumentos.
Neste curso, na área de Educación Plástica, vamos a tratar distintos pintores e pintoras que deixaron e deixan a súa pegada no mundo.  Despois de traballar o puntillismo de Seurat (que retomaremos máis adiante), centrámonos na artista viguesa Vanesa Álvarez. Ela pintou diversos murais por Vigo, destacando os referidos ao programa "Expostas" dentro de "Vigo, cidade de cor". Todos eles teñen como protagonistas a mulleres e teñen como obxectivo reivindicar a presenza e a forza das mesmas nos distintos ámbitos.
#NINUNHAMENOS
#MULLERESDACONSERVA
#MULLERESNASLETRAS
Tivemos a sorte de que non soamente traballamos as obras, senon que recibimos na nosa biblioteca a Vanesa Álvarez e, por se fora pouco, viu acompañada polo poeta Marcos de la Fuente, que nos recitou algún dos seus poemas.
Que máis sorpresas nos deparará o mes de outubro??

jueves, 19 de septiembre de 2019

Coñecemos os segredos do noso planeta

Vivimos nun planeta que está cheo de fenómenos extraordinarios que acontecen en todo momento sen prácticamente darnos conta. Por isto, é preciso que o coñezamos para poder apreciar as marabillas que temos ao noso arredor.
No noso planeta atopamos distintas partes. Aquí podemos observalas a través dun vídeo:

Na Terra atopamos distintas rochas e minerais que os seres humanos utilizamos para diversos fins:
A medida que investigamos sobre o noso planeta foron xurdindo na clase algunhas cuestións que son moi interesantes e das que podemos aprender moito. Aquí temos algunhas delas!
  - Como xorden os volcáns? Onde atopamos algún en España?
Sabíades que no 2011 produciuse a última erupción nas Illas Canarias? Concretamente en El Hierro.
 - Como xurdiron os continentes do planeta? Que son as placas tectónicas?
Fixástesvos que na película de Ice Age 4 faise referencia á formación dos planetas? Quizais agora podedes mirala doutra maneira!

Recordades que vos falei do que aconteceu en Pompeya? A erupción do Vesubio pillou por sorpresa aos seus habitantes o que desembocou nunha catástrofe!

Que vos parece se agora repasamos con algúns xogos?






Non deixedes de investigar sobre os segredos que agocha o noso planeta!


O comezo dun novo curso

Iniciamos o curso 2019/2020 con moitas expectativas e ganas de aprender.
Comezamos a pasiños de anano para poder acabar dando pasos de xigante, con repasos e prácticas de cousas que están agochadas na cabeza dende o curso pasado e que teñen que volver a saír a luz.
Un aspecto importante é o repaso das táboas de multiplicar. Aquí temos algúns xogos que nos poden axudar:





O primeiro que vamos a facer na "hora de ler" é reflexionar sobre "a poesía é música" e "a música é poesía". Para iso, comezamos con poemas de Rosalía de Castro musicados en distintos estilos:
· "Castellanos de Castilla" (ou "Malaxente")

· "Adiós ríos, adiós fontes", na voz de Lucía Pérez ou Astarot (versión roqueira)
E continuamos coa coñecida "Canción del pirata" de Espronceda, interpretada por Terra Santa.