domingo, 17 de mayo de 2020

Faise o camiño ao andar!

Chegamos á segunda quincena do mes e temos que facelo coas forzas suficientes para afrontar o mes final do curso!
Para esta semana, as propostas de exercizos son as seguintes:
- Matemáticas: continuamos co repaso do dado no curso. Enviádemo ao meu correo en canto o teñades feito e o devolverei corrixido o antes posible.
1- Escribe las horas que faltan (en reloj analógico, digital y con letra). Recuerda dibujar los relojes de manera adecuada.
2- Ana recorre desde su casa al colegio 1km 3hm y 35m. Al salir, se va a casa de su abuelo, que esta a 12 Hm y 234m. Después, vuelve a su hogar recorriendo 45Dam y 95m. ¿Cuántos metros ha recorrido en total? (Recordad que deben pasarse todas las cantidades a la unidad menor). 
3- Calcula:
  23.598 + 8.496=                                34.000- 9.888=
  8743 x 84=                                        35.432 : 31=
4- Un deposito de agua tiene 3.458 l. Quieren repartir el contenido en garrafas de 7 litros. ¿Cuántás garrafas necesitarán? ¿Sobra algo de agua?
· Y si lo repartieran en bidones de 18 litros, ¿cuántos bidones utilizaría? ¿Sobraría algo de aceite?
5- Luis necesita 1,50 metros de tela para hacer una camiseta. Si quiere hacer 35 camisetas para repartirlas entre sus compañeros y su familia, ¿cuántos metros de tela necesitará?

- Lingua Galega: o 17 de maio celebrouse o Día das Letras Galegas, polo que vamos a traballar en torno a este feito.
Como xa sabedes, dedicouselle ao escritor Ricardo Carvalho Calero. Lede con atención os aspectos relativos a súa biografía e contestade as cuestións que plantexo. Enviádemas ao correo para que volas corrixa.
Ricardo Carvalho Calero
1- En que ano e onde naceu? 
2-A que idade xa escribía poemas?
3- Que fundou nos anos trinta xunto a Castelao e outros amigos?
4- Que comezaron a elaborar?
5- Como se chamaba a súa muller? E as súas fillas?
6- Que ocorreu en 1936?
7- Por formar parte do bando que perdeu a guerra, a que foi condenado?
8- Canto tempo estivo finalmente no cárcere?
9- Nese tempo, a lingua galega non era moi estudada nin tiña unha boa reputación. Que se atreveu a ser Carvalho Calero o primeiro?
10- Que se encargou de escribir?
11-Que foi nomeado Carvalho Calero cando xa era maior?
12- Copia o que pon na última viñeta con boa letra e sen cometer faltas de ortografía. 

Visitastes a páxina web do cole? Alí podedes ver o vídeo que fixemos polas Letras Galegas e atopar algúns xogos interactivos moi interesantes. Deixovos aquí o vídeo e tamén un dos xogos.


Aquí vos deixo o conto de AS PITAS BAIXO A CHOIVAA, escrito por Carvalho Calero, é moi sinxeliño e moi facil de ler.
Tamén podedes escoitar esta canción baseada no conto anterior.

Moito ánimo a todos! O verán achégase e queda o esforzo final para o curso!

1 comentario: