Rematamos o trimestre e chega o momento de gozar dun merecido descanso durante as vacacións do Nadal.
Como xa vos comentei na clase, o trimestre que vén, visitará o cole Miguel Alonso Diz, para falarnos do seu libro "De príncipes, princesas e outras andrómenas". Por iso, leremos ese libro todos xuntos, polo que podedes aproveitar para pedirllo aos Reis Magos ou a Papa Noel 😊
Tamén vos deixo a canción que trataremos na clase estes últimos días de trimestre.
Pasade unhas boas vacacións!