O primeiro trimestre está chegando a súa recta final e nós continuamos aprendendo!
En Sociais xa traballamos a xeosfera e, agora, tócalle o turno a hidrosfera. Aquí tedes algúns vídeos e xogos que vos poden axudar a comprender mellor este tema.
- A auga na natureza:
- Os estados da materia e o ciclo da auga:
- Os ríos e as súas características:
A auga é un ben fundamental para a vida no planeta, por iso debemos coidalo e evitar que a contaminación da mesma aumente cada día.
Algúns xogos que nos poden axudar a repasar son os seguintes:
Coidar o medio ambiente é unha tarefa de todos. Debemos poñer en práctica o antes posible accións para que o noso planeta poida recuperarse das graves feridas que a humanidade xa lle fixo: quecemento climático, contaminación das augas, destrución de ecosistemas...
Moitos artistas crearon cancións para tratar de concienciar á poboación. Aquí tedes algúns exemplos: