martes, 17 de septiembre de 2024

Comezando 4º con enerxía!

Comezamos un novo curso coa intención de enchelo de momentos e aprendizaxes!

Pouco a pouco comezamos a retomar as distintas áreas. Comezaremos con Ciencias da Natureza traballando a nutrición humana, centrada no coidado e coñecemento do noso corpo.
Aquí tedes algúns vídeos que vos poden servir para repasar:

Aquí tedes algúns xogos interactivos que vos poden axudar a repasar os contidos: 



Vamos a comezar a traballar o Proxecto Anual do cole, Conectando culturas. Partindo do mesmo, coñeceremos diferentes lugares do mundo e distintas culturas, tradicións e historias. 
Como xa se achega Samaín, vamos a coñecer o lugar que agasallou ao mundo cun dos personaxes protagonistas da época: Drácula! Así que vamos a viaxar ao seu páis de orixe: 


Tamén vos deixo as cancións que vamos a tratar na clase para que poidades escoitalas tamén na vosa casa.


Espero que o disfrutedes!