Comezamos o primeiro tema de Ciencias da Natureza que se centra nos seres vivos. Aquí tedes algúns vídeos que vos axudarán a estudar o tema:
En matemáticas vamos a traballar coas potencias. Queredes recordar as explicacións que demos na clase? Pois aquí tedes este vídeo con algúns dos aspectos máis destacados.
En
Ciencias Sociais rematamos a Prehistoria para dar comezo á Idade
Antiga, época de grandes civilizacións e avances. Aquí tedes algúns
vídeos que vos poden axudar a comprender mellor esta época.
En toda España podemos atopar testemuñas do tempo que os romanos ocuparon a Península co seu Imperio. Aquí tedes un enlace a varios museos que podedes visitar:
Tamén podedes ver uns capítulos da serie "Érase unha vez o home":
¿Queredes saber máis sobre a Cova de Altamira e a súa importancia?
Fai uns anos, o actor español Antonio Banderas protagonizou unha película na que se conta como foi o descubrimento da Cova de Altamira e os problemas que tivo:
Tamén vos recomendo "Los Croods", unhas películas baseadas no "choque" entre os neandertais e os homo sapiens.
¿Queredes xogar e aprender sobre a Prehistoria? Aquí tedes algúns xogos:
En Ciencias da Natureza vamos a traballar sobre os ecosistemas e
as distintas relacións que se establecen neles. Aquí temos algúns
vídeos cos cales podemos aprender de xeito moi visual:
Seguimos traballando distintos aspectos de Xapón. Moitos dos debuxos animados máis famosos foron creados neste país. Queredes probar a debuxalos vós? Aquí tedes algunhas titoriais!
Comezamos o 2º trimestre e introducímonos de cheo no seguinte tema de Ciencias da Natureza. Aquí tedes algúns vídeos que vos axudarán a comprender a función de relación:
Mirade estes vídeos tantas veces como desexedes!! Axudaranvos a estudar os contidos deste tema!
Ademáis hai unha canción que nos pode axudar moito neste tema. Escoitádea!
Tamén seguiremos viaxando polo mundo para coñecer distintas culturas. Neste caso aterraremos en Xapón!